miércoles, 20 de mayo de 2015

CON FINA CASALDERREY

O 18 de maio visitounos Fina Casalderrey e pasámolo moi ben comentando sobre o libro "Historia da Bicicleta dun home lagarto". Fina, coma sempre, moi amena e moi didáctica non parou de poñer exemplos, facer comparacións e crear metáforas.Ensinounos o poder da palabra. Ao final, asinounos os libros e tamén no libro de visitas da Biblio.